Prensa-Escuela programa as súas actividades para axudar aos alumnos a aprender coa prensa, para facilitar aos profesores o seu labor docente e o desenvolvemento de novas experiencias didácticas e para ofrecer aos pais recursos que lles resulten útiles na difícil tarefa de educar. 

Na sección dedicada aos alumnos poderás acceder a actividades relacionadas coa noticia do día, suscitar as túas preguntas a un científico ou a un xornalista, poñer a proba os teus coñecementos no test de actualidade ou repasar as efemérides máis destacadas. Os docentes dispoñen de estudos de noticias, libros e guías e unha serie de enlaces a recursos educativos na rede.

A web conta tamén cun espazo adicado aos pais que inclúe novas, experiencias de interese e unha sección específica sobre temas de orientación educativa.