PROGRAMA PRENSA-ESCUELA. LA VOZ DE GALICIA
la voz de galicia
Martes, 9 de Febreiro
Noticia do dia
¿Quen?,¿Que?,¿Onde?
Efemérides. Calendario do mes
Encrucillado
Pregunta a un científico
Pregunta a un periodista
O meu escritorio
caixa galicia
1. PRENSA-ESCUELA. Quen somos
Prensa-Escuela é un programa social de La Voz de Galicia, desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e patrocinado por Caixa Galicia, cuxo obxectivo principal é que a comunidade escolar utilice a lectura da prensa como unha ferramenta didáctica máis, que axude a desenvolver o sentido crítico dos alumnos como cidadáns que forman parte dunha sociedade democrática e plural. O seu fin tamén é facilitar o acceso das escolas aos medios de comunicación e ás novas tecnoloxías.

La Voz de Galicia iniciou esta aposta hai 25 anos, coa publicación do primeiro suplemento educativo que se editou na prensa española. O paso seguinte foi a firma, en 1985, do primeiro acordo prensa-escola coa Asociación de Editores de Diarios Españois (AEDE). Catro anos máis tarde, o xornal conseguiu instituír a Semana da Prensa como celebración oficial dentro do calendario escolar galego.

O ano pasado deu un paso máis ao reforzar e impulsar o programa con novas iniciativas e máis recursos, dos que se beneficiaron 27.000 alumnos e máis de 800 profesores de 1.377 aulas pertencentes a 386 colexios de toda Galicia.
Galego | Castellano
Prensa-escuelaBlogs
La Voz de la Escuelanoticias
concursoscursos
recursosvisita a Voz
Museo
CORPORACIÓN VOZ DE GALICIA