PROGRAMA PRENSA-ESCUELA. LA VOZ DE GALICIA
la voz de galicia
Venres, 18 de Mayo
Noticia do dia
¿Quen?,¿Que?,¿Onde?
Efemérides. Calendario do mes
Encrucillado
Pregunta a un científico
Pregunta a un periodista
O meu escritorio
caixa galicia
Efemérides
Calendario

Mañá se rende homenaxe a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas

Fernando Pariente Chacartegui
16 de Mayo
A Real Academia Galega homenaxea este ano con motivo do Día dás Letras a un home singular e polifacético, Valentín Paz Andrade. Este pontevedrés de nacemento que se fincou en Vigo foi unha desas personalidades irresistibles que era capaz de atender distintas frontes con toda brillantez. Foi un intelectual e un home de acción, un político e un empresario, un poeta e un home práctico e realista. Pero toda esa actividade estaba guiada sempre por un mesmo norte: Galicia. Na súa mocidade participou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía de 1936, que non chegou a implantarse polo estalido da guerra civil. Despois dedicou a súa vida ao exercicio da avogacía, ao desenvolvemento da industria pesqueira e a escribir. Como empresario participou moi activamente na creación de Pescanova, a maior industria de peixe conxelado do mundo que revolucionou o sector ao pór en práctica o seu modelo de buques factoría que asumían por se mesmos todo o proceso de manipulación do peixe, desde a súa captura ata a súa empaquetado. Como escritor realizou incursións en case todos os xéneros literarios: escribiu moitos artigos xornalísticos; varios ensaios de temas pesqueiros, económicos e de desenvolvemento; sobre historia recente de Galicia, tanto en galego como en castelán (a el débese, por exemplo, a primeira biografía de Castelao, Castelao na luz e na sombra, que publicou Edicións do Castro); e, ademais, tamén escribiu poesía, sempre en galego, Pranto matricial dedicada tamén á morte de Castelao e publicada en Bos Aires, Sementeira do vento ou Cen chaves na sombra.
Galego | Castellano
Prensa-escuelaBlogs
La Voz de la Escuelanoticias
concursoscursos
recursosvisita a Voz
Museo
CORPORACIÓN VOZ DE GALICIA