Para que os alumnos poidan sacar o máximo partido ao traballo co xornal nas aulas, é importante que o profesorado dispoña da formación axeitada. Para logralo, Prensa-Escuela convocará varios cursos en diversos puntos da xeografía galega.
Os mestres pasarán a ser estudantes e aprenderán a seleccionar as noticias para convertelas en ferramentas didácticas. Tamén se familiarizarán co funcionamento das Guías do Profesor, editadas polo programa.
As actividades realizaranse nas instalacións de Caixa Galicia e están homologadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Seguiremos informando...