
Os profesores adscritos no Programa Prensa-Escola recibirán en novembro o nome de usuario e unha contrasinal para abrir os Cadernos Dixitais/ Blogs de cada aula, así como as dúas novas guías deste ano, para profesores e alumnos, coas instrucións para manexar a ferramenta e coas melloras que se introduciron para que enriquecer as posibilidades do blog. Nestes manuais, que quedarán colgados nesta páxina para que poidan ser descargados, atoparán, ademais, indicacións básicas para orientar os contidos dos Cadernos, aínda que para este labor contarán este curso co apoio dun pedagogo que, a través dun blog mestre que actualizará cada semana, aportará suxestións de actividades, comentarios de experiencias, metodoloxías de traballo e consellos de boas prácticas.
Para ampliar a formación dixital dos docentes, desenvolveranse cada mes varios talleres formativos, que de forma práctica e dinámica ensinarán a como utilizar os Cadernos Dixitais como un elemento pedagóxico máis nas súas materias.
Un xurado, do mesmo xeito que o ano pasado, valorará cada mes os mellores blogs, que serán premiados.