Prensa-Escuela

Jueves, 11 Mayo 2017

O encanto do articulista

É certo que a colaboración xornalística comenzara antes, en 1975, pero non como articulista, senón como comentarista literarios, na sección «A ledicia de ler». Foi esta colaboración unha actividade literaria intensa que o sitúa como un dos cumios do xénero en España: quizais pola facilidade para conectar cos lectores, que se veían identificados nos artigos, sen dúbida pola naturalidade da linguaxe, polo ton afectuoso e tranquilo que reflectía a súa personalidade. Os temas que tratou nestes artigos ían desde os grandes asuntos da actualidade ata as anécdotas da vida diaria, pasando polas lembranzas da súa nenez. Duns e doutros sabía extraer unha reflexión da que, aínda hoxe, fai partícipe ao lector. Facíao cunha sensibilidade que mesturaba a ironía con ese chisco de escepticismo e indulxencia tan propio dun galego de a pé. E cun humor afable e mesurado...

IDEA: ¿Que tal se nas portas de todas as aulas colocamos un escrito do autor que homenaxeamos este ano no Día das Letras Galegas que fagan referencia á mateira ou a algún tema que se imparte en cada aula durante todo o mes de maio? En «Á marxe» atoparás centos e centos de marabillosos textos.

Para saber máis:

■ Na web da Fundación Carlos Casares (http://fundacioncarloscasares.org) atoparades unha biografía detallada e unha morea de actividades para aplicar en clase. 

■ Máis datos na Real Academia Galega: http://academia.gal/letras-actual 

■ E non se pode esquecer a anual contribución do Seminario Galán, do CEIP Galán (Oseiro-Arteixo): www.seminariogalan.org, no que participan outros once colexios de Coruña, Ordes, Carballo, Sigrás-Cambre, e Malpica.

■ «Carlos Casares. Vida e literatura», de Damián Villalaín, Edicións Xerais, 2017 

■ «Carlos Casares. Contador de historias (vida e obra)», de Henrique Monteagudo, Editorial Galaxia, 2017

■ «Os agostos de Casares. Artigos de Carlos Casares en La Voz de Galicia nos meses de agosto (1997- 2001)», na Biblioteca Gallega de La Voz de Galicia, 2016 

■ «Carlos Casares en La Voz de Galicia», na Biblioteca Gallega de La Voz de Galicia, 2012

■ Carlos Ocampo: O señor que non quixo esquecer o neno  http://www.prensaescuela.es/images/suplementos/curso_2016-2017/VE20170426.pdf#page=6

■ Jesús Garrido: Carlos Casares nas páxinas de La Voz  http://www.prensaescuela.es/images/suplementos/curso_2016-2017/SVE20170510.pdf